Segundo obradoiro ambiental Sendas Carballo

nenos-ambiental-webA Asociación Ambiental Senda Nova abre o prazo de preinscripción para o II  Obradoiro Ambiental Sendas Carballo. O obxectivoo principal  é o  achegamento dos máis pequenos ao patrimonio cultural e ecolóxico que  abonda no concello de Carballo, a través de sesións de aula e saídas ao medio natural  que se levarán a cabo durante 5 meses os sábados e os domingos.
Os a umnos de 4º, 5º e 6º de primaria que estean interesados en participar na actividade  poderán apuntarse dende esta semana ata o día 31 de outubro nos seus centros de  ensino, onde se lles facilitarán trípticos e información da actividade así como as follas  para preinscribirse.
O obradoiro, ao igual que o resto de actividades que leva a cabo a asociación, son  realizadas integramente por voluntarios e voluntarias, polo que unicamente é posible  ofertar o obradoiro a 25 rapaces e rapazas dos centros educativos do concello, estes  erán escollidos aleatoriamente por sorteo.
O sábado 26 de outubro as 12:00 , terá lugar unha xuntanza para todas as nais e pais  dos rapaces interesados que desexen coñecer máis información acerca do obradoiro, terá  lugar no auditorio do Forum en Carballo. Este día proporcionaranse tamén fichas de  preinscripción para os interesados, e será o sábado 2 de novembro cando se fará a presentación do obradoiro e a primeira sesión de aula.
+ info: sendanova@hotmail.com , facebook (“Senda Nova” e “Obradoiro Ambiental Sendas  Carballo”) ou no seguinte teléfono: 636326083.
Imprime esta noticia Imprime esta noticia

Opina

*